¿ONDE ESTÁ SANTIAGO MALDONADO?
La CNT-Vigo convoca un acto solidario y de denuncia por la desaparición en agosto del activista Santiago Maldonado en Argentina, a manos de las fuerzas represoras del estado argentino, que reprime y masacra con total impunidad al puebo mapuche y favorece la barbara explotación de la tierra a manos de empresas como Benneton.
Se harán dos concentraciones este viernes 29 delante del Consulado Argentino y Benneton, en la Calle Príncipe, a las 13pm y 13.40pm, respectivamente.
Salud y revolución Social.
CHAMADO Á MOVILIZACIÓN:
O 1º de agosto de 2017 tres destacamentos (Escuadron Nº34 de Bariloche, Nº35 de El Bolsón e Nº36 de Esquel), da Gendarmería Nacional Argentina (GNA), irrumpen violentamente no Pu Lof en resistencia de Cushamen, (campamento mapuche), reprimindo con disparos de balas de goma e perdigóns de chumbo, segundo o testemuño de varias persoas presentes no lugar. Algúns dos que se atopaban no campamento fuxiron ata o río Chubut, (a poucos metros), e de alí ata un bosque preto ao campamento. Varias testemuñas sinalaron que alí atopábase o compañeiro Santiago Maldonado, quen ante a represión, fuxíu cara a vegetación e agochouse antes de chegar o río Chubut, xa que non sabía nadar. Testemuñas relataron que “entre os tiros e as agresións, un segundo máis tarde o perden de vista e escoitan que un xendarme da a voz de ‘Temos un’, de alí a un intre achégase ao lugar unha camioneta da GNA, abren as portas traseiras e entre varios uniformados arrodean as portas para que non se poida ver”. A denuncia sostén que Maldonado foi apresado e subido nun vehículo da GNA. Dos feitos colíxese que se trata dunha desaparición forzada a mans dos crueles mercenarios do Estado arxentino baixo a orde do xefe de gabinete do Ministerio de Seguridade Pablo Noceti, (ex avogado defensor de xenocidas da última ditadura arxentina), quen a súa vez rinde contas á inescrupulosa ministra de seguridade Patricia Bullrich, que nun desesperado intento de protexer aos seus salvaxes esbirros, non dubidou en criminalizar á familia Maldonado. Todo isto ante a impasibilidade do incompetente Mauricio Macri. O Estado arxentino é o responsable.
É por isto, que vos pedimos nun acto de solidaridade que nos xuntemos fronte a represión do estado Argentino nunha movilización para pedir a aparición con vida do compañeiro Santiago Maldonado fronte ó Consulado Arxentino en Vigo na rúa Principe, e de alí marchar ata a tenda duns dos maiores cómplices do Estado arxentino, a firma Benetton, tamén na rúa Principe, para así denunciar a vexación que se fai do Pobo Mapuche.
¡Aparición xa con vida de Santiago Maldonado!
¡Liberdade a Facundo Jones Huala!
¡Viva a loita do pobo Mapuche!
¡O estado arxentino é o terrorista!
Convocan:
Grupo Acción Directa-FAI
CNT-Vigo
Grupo Axitación Social
Red Roja-Vigo