Baixas Médicas

AS BAIXAS MÉDICAS

Unha das novedades mais miserables da ultima Reforma Laboral, perpetrada polo Estado no 2014, é a referente á posiblidade de que a túa empresa poida despedirte de forma xustificada se faltas nove días ao traballo en dous meses por problemas de saúde, ainda que estas ausencias estean xustificadas

Así o contempla o modificado artigo 52 do Estatuto dos traballadores, que indica, entre outras averracións, que o empresario pódete despedir con faltas de asistencia ao traballo que, ainda que estivesen completamente xustificadas, sexan intermitentes e acaden o 20% das xornadas habiles en dous meses (sempre que o total de faltas de asistencia nos doce meses anteriores acade o 5% das xornadas habiles), ou 25% en catro meses descontinuos dentro dun periodo de doce meses.

 

COMO SE CALCULAN ESAS PORCENTAXES?

Segundo o Goberno, o que se busca combater supostamente con esta modificación é a intermitencia nas baixas laborais. Na realidade non é máis ca unha advertencia clara e directa para que “evitemos” na medida do posible poñernos enfermos.

Se faltamos o traballo durante X días consecutivos, cada un destes días NON contan como unha falta de asistencia, (se faltamos por exemplo 4 días consecutivos non acumularemos 4 faltas, senón 1 falta de 4 días). A intermitencia nas faltas de asistencia debe ser demostrable.

Curiosamente eximese como faltas as baixas de máis de 20 dias. É dicir, unha enfermidade curta conta, unha longa non. Un feito que seguramente pode provocar o efecto contrario no absentismo laboral. Tampouco contabilizan as faltas debidas a:

  • Asistencias a xuízos, asembleas (sempre debidamente acreditado)
  • Accidentes de traballo
  • Maternidade e risco durante o embarazo, e enfermidades causadas polo embarazo
  • Permiso por paternidade
  • Permisos retribuidos e vacacións
  • As ausencias que obedezcan a un tratamento medico de cancro ou enermidade grave
  • Baixas por causas médicas non laborais de máis de 20 días consecutivos

O cálculo, tendo en conta o citado ata aquí, sería o 20% en dous meses consecutivos e o 5% nos 12 meses anteriores ó despido. Teñen que se dar as dúas porcentaxes.

OLLO! A Primeira NON se ten que dar nos dous meses anteriores ó despido. Por suposto, é a empresa a que debe probar o número de faltas, o número de días de cada unha, as datas exactas e as causas de todas e cada unha delas para comprobar que realmente son procedentes e toda esa información ten que constar con detalle na carta de despido para que esta poida considerarse correcta.

 

¿PODENME DESPEDIR ESTANDO DE BAIXA? 

Si, pódennos despedir estando de baixa, pero non por estar de baixa. É dicir, pódennos despedir estando de baixa se a empresa alega unha razón legal para o despido (sexa certa, procedente, ou non) e non a propia baixa ou enfermidade do traballador.

Se nos despiden estando de baixa a Seguridad Social ou a mutua (dependendo do tipo de baixa que sexa) seguirache a pagar o mesmo importe ata que teñas a alta, ainda que decidas impugnar o despido. Cando recibas a alta, terás 15 días para pedir o paro. Se tes dereito a el, do importe que o INEM che pague hanche descontar o cobrado pola mutua ou a Seguridade Social durante ese período.

Se a empresa na que traballamos nos despide como represalia por estar de baixa temos que loitar sempre para conseguir que este despido sexa nulo (e tentar de recuperar o noso posto de traballo) amparándonos en que esta represalia constitue unha clara violación do dereito constitucional á protección da saúde (art. 43.1 da Constitución), o dereito do traballo (art. 35 da Constitución) é mesmo os dereitos fundamentais á integridade fisica e á non discriminación (art. 14 e 15 da Constitución).

OLLO! como en calquera outro despido, independientemente de cal sexa a causa, debemos asinar sempre a carta de despido como NON CONFORME para poder reclamar daquela xudicialmente a nulidade do mesmo. Asinar o despido como non conforme NON NOS RESTA O DEREITO para COBRAR A LIQUIDACIÓN NIN A INDEMNIZACIÓN. É dicir, ainda que o asinemos como non conforme a empresa ten a obrigación de abonarnos a liquidación e a indemnización íntegra no mesmo momento no que nos presenta a carta de despido. Se non é así, xunto co non conforme debemos deixar anotado do noso puño e letra que NON nos entregan a liquidación correspondente para poder reclamala con máis garantías. Outro aspecto importante é xunto á nosa firma anotar sempre a man a data na que asinamos o documento, independientemente de cando se redactou. Así evitaremos que a empresa poida presentarnos a carta de despido cunha data anterior á real, podéndose así esgotar o prazo estipulado legalmente para poder impugnalo.

 

¿QUE TEÑO QUE FACER CANDO ESTOU DE BAIXA?

O médico entréganos sempre dúas copias do parte de baixa: unha para nós, onde se especifica o motivo médico que orixina a baixa, e outra para a empresa. Na copia da empresa o motivo de baixa non consta nin debe constar NUNCA, dado que os traballadores temos dereito a preservar a nosa intimidade e a nosa saúde ante a empresa.

É importante que SEMPRE conservemos as nosas copias dos partes, mesmo tempo despois de recibir a alta.

As baixas clasificanse segundo a sua duración en:

  • BAIXAS MOI CURTAS: Consideraranse baixas moi curtas, aquelas que constan de ata 4 días de duración. Nestes casos o parte de baixa tense que entregar á empresa nun prazo máximo de 24 horas desde o momento no que o médico nola entrega. Normalmente o médico adoita entregarnos a baixa e a alta de forma conxunta. Se é así debemos entregar á empresa ambos os documentos (baixa e alta) nun prazo de 24 horas tras recibir a alta. Non é necesario que entreguemos primeiro a baixa e pasados uns días a alta.
  • BAIXAS MAIS LONGAS: Son aquelas de polo menos 5 días de duración. Nestes casos o médico entréganos o parte de baixa pero non o de alta aínda, polo que temos un prazo de ata 3 días para presentar a baixa á nosa empresa. No momento no que nos entreguen a alta teremos 24 horas como máximo para facela chegar a empresa. Nos dous casos o dia de alta NON tes que acudir ó teu posto de traballo porque ainda forma parte da baixa. A reincorporación realízase sempre ó día seguinte.

 

¿COMO ENTREGO OS MEUS PARTES DE BAIXA E ALTA?

Moitos empresarios pretenden que os partes de baixa entréguense persoalmente en man na empresa. Os traballadores unicamente estamos obrigados a entregar os partes de baixa á empresa, NON na empresa. Polo tanto calquera maneira de facer chegar o parte dentro do prazo maximo indicado antes é valido: mediante correo electrónico, fax, a través dun compañeiro ou familiar, etc.

De feito, é recomendable enviar os partes de baixa ben por correo electrónico ou ben por fax.

¿Por que e mellor entregalo por correo electrónico ou fax?: 

O ideal sería que cando entregamos un parte de baixa á empresa, esta nos asine un “Recibin” para que poidamos acreditar que foi entregado dentro do prazo estipulado legalmente e polo tanto non sufrir as consecuencias que se poden derivar de que nos acusen de entregalo fóra de prazo (entre as cales se atopa o despido procedente por abandono do posto de traballo).

Como somos conscientes de que na meirande parte dos casos, conseguir que a empresa asine ese “Recibin” é complicado, se enviamos o parte por correo electrónico ou por fax, ese mismo envío servenos de forma automatica como proba de que fixemos chegar dentro do prazo a documentación á empresa.

OLLO! Unha cousa é comunicar á empresa que nos ausentaremos do noso posto de traballo por enfermidade e outra facerlles chegar a documentación da baixa. A comunicación á empresa debese facer sempre canto antes para facilitar a organización da mesma, aínda que logo teñamos os prazos indicados anteriormente para facerlles chegar os correspondentes partes.

 

TIPOS DE BAIXAS MÉDICAS

As causas ou motivos que poden levar a un traballador, tanto do sector público como do privado, a solicitar unha baixa, son múltiples, e ademais non sempre teñen por que ter relacción coa actividade laboral, aínda que si é certo que os traballos con maior risco para a saude adoitan estar relaccionados cun maior numero de baixas medicas.

Distinguímolas entre os seguintes tipos:

BAIXA LABORAL POR ENFERMIDADE: Ás duas principais causas de baixa laboral por enfermidade son:

  • Os casos de enfermidade común: (neste caso considerarase a prestacion para partir do cuarto día desde a data da baixa porque os 3 primeiros dias non se cobran) e os casos de accidente de traballo ou enfermidade profesional (aquí terase en conta a compensación para partir do día seguinte á baixa)
  • Os accidentes de traballo son aqueles que se producen no noso centro de traballo durante o noso horario laboral; ou accidentes in itinere, aqueles que se producen ó ir ó volver do traballo. Considerase in itinere todo aquel desplazamento entre o teu domicilio (aínda que estea a centos de km.) e o teu lugar de traballo e viceversa a condición para que se cumpran as seguintes condicións:
    • Que se produza no percorrido habitual e normal desde o domicilio ó lugar de traballo e viceversa, coa finalidade principal e directa de acudir ou volver de este. O traxecto dáse por inciado unha vez que o traballador traspasa a porta de seu domicilio ou ben porta do seu centro de traballo.
    • Que se produza dentro do tempo que normalmente se invista no traxecto, sexa o que sexa. NON é certo que só se consideren accidentes in itinere os accidentes sufridos unha hora antes ou despois do traballo.
    • Que non houbese interrupcións entre o traballo e o accidente por outras actividades de interese persoal (é dicir, que non nos desviamos do traxecto o traballo ou volta para realizar calquera xestión persoal.)
    • Que o accidente se produza en misión, isto é, que se produza no traxecto que o traballador/a realice en cumprimento ducha misión (exemplo un comercial que vaia visitar a un cliente á súa tenda ou domicilio).
    • Que o traxecto se realize nun medio de transporte habitual ou normal, entendéndose como tal o que habitualmente utilice o traballador/a e cando este non actúe con imprudencia grave ou temeraria.

Cando se produza un accidente in itinere hai que acudir á mutua que a nosa empresa ten contratada, NON ó medico de cabeceira. ¿Por que?. Pois porque só a mutua ten capacidade de ditaminar o accidente como accidente in itinere. Só no caso de accidentes graves ou moi graves, podemos acudir ó centro sanitario máis próximo e posteriormente presentar o parte médico que nos entreguen na mutua para que tramiten o accidente laboral ou in itinere.

INCAPACIDADE LABORAL:

É aquela que afronta un traballador como consecuencia dun accidente de traballo ou algunha enfermidade derivada ou provocada pola súa actividade profesional. Dita incapacidade clasificase de dúas formas: Incapacidade temporal ou Incapacidade permanente, que ademais poden ser parciais ou totais.

BAIXA MEDICA POR DEPRESIÓN:

Pode ser concedida ó traballador que o necesite tanto polo médico de cabeceira como polo médico da mutua de traballo. Este tipo de baixa laboral recibe o tratamento idéntico ó de calquera tipo de baixa por enfermidade, sobre todo no referente ás retribucións laborais.

BAIXA LABORAL POR EMBARAZO:

A Lei establece un periodo de baixa por embarazo e maternidade, para que o nacemento de un fillo non sexa un problema nin un obstáculo na carreira profesional dunha muller traballadora.

En este país a baixa por embarazo e maternidade e de 16 semanas, unha cifra bastante inferior en comparación con outros paises europeos (en Suecia, por exemplo a cifra ascende a 92 semanas). O período de baixa laboral por embarazo está estructurado da seguinte forma:

As primeiras 6 semanas son para repousar e recuperarse fisicamente do desgaste que supon o parto, mentres as seguintes 10 son para o coidado do bebé. Estas 10 semanas podense converter en 20 a media xornada se se fia un acordo coa empresa. Grazas ós recentes cambios na lexislación, incluso o pai pódese acoller á baixa por maternidade, podéndose incluso combinar a baixa do pai e a da nai.

Para os casos de parto múltiple, engadese dúas semanas de máis de baixa por cada fillo extra, e no caso de que o bebé naza de forma prematura oou teña que quedar hospitalizado, podense postegar as semanas de baixa por embarazo e maternidade ata que o bebé saia do hospital. Débese sinalar que a lexislación tamén outorga estes dereitos para os fillos adoptados.

No que respecta á remuneración durante a baixa por maternidade, a Seguridade Social para unha prestación do 100% da base reguladora de cotización. Para poder percibila, a muller ten que cumprir os seguintes requisitos:

  • Se é menor de 21 anos, cobrará sempre
  • Se ten entre 21 e 26 anos ter cotizado polo menos 90 días nos últimos 7 anos ou 180 días en toda a súa vida laboral.
  • Se ten máis de 26 anos ter cotizado 180 días nos últimos 7 anos ou ben 360 días en toda a súa vida laboral.

 

¿QUEN ME PAGA ESTANDO DE BAIXA?

En caso de enfermidade común ou accidente de traballo os 3 primeiros días non se cobran (a menos que o convenio aplicable diga o contrario, e neste caso pagaríao a empresa). A partir do 4º dia e ata odía número 15 é a empresa a responsable de abonar os días de baixa e a partir do día 16 faise cargo do pago a Seguridad Social.

En caso de enfermidade profesional ou accidente de traballo págache a empresa desde o primeiro día a cargo da mutua. En caso de maternidade a cargo da Seguridade Social desde o primeiro día.

 

¿CANDO TEÑO QUE COBRAR? ¿CANDO ESTOU DE BAIXA?

No caso de enfermidade común: Os 3 primeiros días non se cobra prestación (a non ser que se especifique no convenio de aplicación). Do 4º ó 20º cóbrase o 60% da base reguladora. Do 21º en diante, o 75% da base. Estas porcentaxes poden verse aumentadas se o convenio colectivo de aplicación da nosa empresa establece para este tipo de baixas un complemento por IT (incapacidade temporal)

No caso de accidente de traballo ou accidente in itinere: Di a lenda que nestes casos cobramos o 100% do noso salario. Pois ben, non todo é certo. En principio só imos percibir, a partir do día seguinte ao da baixa, o 75% da base reguladora do mes inmediatamente anterior á data en que se produciu esta baixa.

Para o calculo desta prestación terase en conta o salario do mes anterior ao da data de inicio desa incapacidade, así como a media das percepcións de vencemento superior ao mes e das horas extraordinarios cotizadas nos doce meses anteriores, e esta cantidade dividese polo número de días a que se refira dita cotización (normalmente 30).

Únicamente percibiremos unha prestación maior próxima ao 100% se o convenio colectivo de aplicación na nosa empresa establece un complemento para os casos IT por enfermidade profesional ou accidente laboral.

 

PARA COÑECER OS TEUS DEREITOS, E NECESARIO COÑECELOS!!

E SEMPRE, NESOS CASOS, ACUDE O SINDICATO! A NOSA FORZA RESIDE NA NOSA UNIÓN!

ADIANTE SEMPRE!