1 DE MAIO 2020 – DIA DA CLASE TRABALLADORA

1º DE MAIO

HEROES E MÁRTIRES

 

Neste 1º de Maio recordamos non so aos mártires de Chicago, que por aló, no 1 de Maio de 1886 na que os anarcosindicalistas na cidade de Chicago foron á folga loitando pola xornada de 8 horas, sendo asasinados pola “xustiza americana” nunha pantomima de xuizo, que se demostrou tempo despois amañado, tamén neste atípico día recordamos aos milleiros de mortos por este virus infernal, en especial aos taballadores e traballadoras de hospitais, repartidores, traballadoras de supermercados, persoas maiores en residencias e os seus coidadores e un longo número de irmáns de clase que morreron non so por unha enfermidade, se non pola cobiza, a incompetencia e os recortes feitos polo capital e o seu complice o estado, mentres nos a clase traballadora ía a sabendas a sacrificarse sen a mínima protección.

 

O exemplo dado é de sobra coñecido por todos nos, a solidariedade e o apoio mutuo en innumerables formas foron e son unha realidade, a autoxestión da poboación foi brillante, retrotraéndonos a tempos máis gloriosos para a CNT , namentres o estado corre como polo sen cabeza e fai o ridículo máis espantoso, nin sequera son capaces de pagar os ERTE despois de case dous meses sen ingresos (máis de 1 millón de persoas en ERTE).

 

A encrucillada da clase traballadora presentase cruamente, ante unha nova crise que nos vai golpear se cabe dunha forma máis forte que a anterior, iso si, ás 8 da tarde todos e todas a aplaudir aos heroes, (heroes si que son, que ninguén se equivoque) mentres mantemos a flote o seu sistema e o resto do ano nos explotan e nos despiden. Temos que aprender que coas nosas forzas e capacidades podemos lograr a transformación social, que neste día de loito no que recordamos a todos eses loitadores capaces de opoñerse os peores inimigos, poñendo en perigo incluso as súas vidas sen tan sequera pensalo, faranos coller o pulo necesario para pelexar pola nosa dignidade e emancipación, que a solidariedade, o apoio mutuo e a autoxestión son as nosas ferramentas e valores fundamentais.

 

Por todos eses homes e mulleres, que deron a vida pola defensa dos dereitos, das liberdades e a axuda desinteresada aos demais, por todos eles, mais que nunca, ¡Viva o primeiro de Maio!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará