CONVOCATORIA DE FOLGA FEMINISTA 8 DE MARZO, CNT-VIGO

CNT- Vigo convoca folga xeral feminista de 24h para o próximo 8 de marzo
de 2020.

Non por ser domingo debemos esquecer que este día é laborable para
moitos sectores feminizados e precarizados como son os servizos,
hostalería, comercio, coidados da 3ra idade, sanidade…
As mulleres de clase obreira enfrentamonos día a día a un sistema
capitalista e patriarcal cuxa existencia misma depende da opresión a muller,
polo que entendemos que está folga non pode circunscribirse únicamente ó
ámbito laboral.
Unímonos o movemento feminista na exisencia de que o traballo de
coidados equiparese o traballo productivo e sexa recoñecido como o que é,
un valor social de primeira orde sen o cal a sociedades non sobreviviría.
Por isto dende CNT- Vigo facemos un chamamento para que este 8 de marzo
mulleres, homes e disidentes a secundar a folga laboral, de coidados e
consumo.
Porqué os dereitos laborais e a dignidade das mulleres non se negocian.

Anarcosindicalismo pola fin da explotación e opresións.