¡CARNES DE GALICIA EXPLOTA, DESPIDE E NON PAGA AOS TRABALLADORES!
Xa estamos fartos de que a patronal emprenda as nosas costas, en especial dende o comezo da crise, coma o caso de Carnes de Galicia na rúa Urzaiz 91 en Vigo, empresa de recente apertura e xestionada por Carlos da Silva e máis o seu socio…, pola que pasaron varios traballadores en menos de 6 meses desde o comezo da súa apertura, como Vanessa a nosa compañeira que foi despedida.
Non so despedida, senón que non lle pagaron nin un so euro a nosa compañeira desde que comezou a traballar neste antro, despois de facer 11 horas diarias de luns a sábado durante máis dun mes, é despedida aducindo falsamente a empresa que non superara o período de proba, un período de proba arbitrario e que xa superara. A Nosa compañeira Vanessa endebédanlle máis de 2.500 euros en concepto de horas extras, salario, finiquito e indemnización por despido.
Despois de tentar negociar coa empresa sen chegar a un acordo, o sindicato CNT-Vigo inicia un conflito contra a empresa Carnes de Galicia, poñendo en marcha para tal fin as ferramentas sindicais propias da nosa acción sindical, o apoio mutuo e a acción directa.
A CNT-Vigo non vai consentir que estes “empresaurios” con tanta cara e tan pouco respecto polos dereitos dos traballadores sega a mofarse e explotar aos nosos compañeiros e non vai parar ata que que lle paguen a Vanessa o derradeiro euro que lle endebédana.
¡Ata o triunfo total da clase traballadora!
Contra a explotación. ¡Unión, acción, autoxestión!
Concentración SÁBADO 28 as 11:30 da mañá na porta, C/ Urzaiz 91 Vigo
Avisaremos das seguintes!