CONFLICTO CO RESTAURANTE LA FIORELLA, PECHADO!

O pasado sábado 11/03 finzalizamos o conflicto que tiñamos co restaurante La Fiorella, despóis de varias días de negociacións coa empresa e a xestoría esta secretaría de Acción sindical da CNT-Vigo e o compañeiro, da por finalizado o conflicto con este antro de explotación materializandose o acordo que xa tiñamos, e que a empresa incumpriu, o mércores desta semana ao non aboar os acordado en efectivo, que esixíamos para chegar ao fin do conflicto. Dando ao compañeiro Óscar un cheque e un pagaré a cobrar o día 30 deste mes, algo inaceptable para nos, por non respectar o acordo e por facelo cun pagaré, unha practica ilegal e con poucas garantias para pagar a un traballador

Este venres despoís da ruptura das negociacións fixemos un piquete diante deste restaurante, que durou menos dun minuto,si, ¡menos dun minuto!, a empresa por mediación do encargado do restaurante, emprazou ao noso compañeiro a parar a acción sindical e o sábado ás 5 da tarde pagarlle o adebedado, como así foi, rematado o conflicto.

A victoria neste conflicto non foi so pola acción do sindicato e os/as compañeiros/as que se solidarizaron con este conflicto, que tamén foi grazas a vos, senon pola implicación do propio afectado dende o primeiro intre, pasando a acción directa como metodo de loita, repartindo pola súa conta e pegando propaganda do conflicto por toda a zona donde está o resturante e a vivenda do propietario moitos días, estando activo nas redes sociáis denunciando este caso de explotación, porque temos que loitar por nos mesmos e non esperar a que nolo fagan todo os demáis.

Agradecemos de novo o voso compromiso co conflicto.

A loita obreira e o único camiño, se tocan a un/ha tocannos a todos/as

ADIANTE SEMPRE!

SAÚDE E ANARCOSINDICALISMO!