TALLER DE SEGURIDADE INFORMÁTICA


Saúde a todas e todos, a CNT-Vigo en conxunto cos sindicatos, Unión Anarcosindicalista da Coruña e o Sindicato Único de Resistencia do Condado-Paradanta, ademáis do CSO A Kasa Nagra de Ourense, quere convidaros a este Taller de Seguridade Informática,

Venres 2 de xuño ás 19:00 h, no local da CNT-Vigo r/Principe nº 22, 1º andar, local 34 en Vigo.
Sábado 3 de xuño ás 11:00 h. no local de Unión Anarcosindicalista da Coruña, r/Washington nº 36 baixo en A Coruña.
Domingo 4 de xuño ás 17:00 h. no local do CSO A Kasa Negra, r/Ponferrada nº 26 en Ourense.

Desde fai tiempo está a emerxer sobre a estructura imposta no século XIX compuesta por estados, gobernos, empresas e bancos que controlan cada movemento político e económico das nosas vidas unha superestructura que son incapaces de dominar, Internet. Fronte ao estancamento dos Estados pola falta de representación e dos poderes económicos que tarde ou cedo han de desaparecer, Internet permite a conexión a nivel global e busca novas formas de pensamento, e por elo entender que perigos existen nesta ferramenta son a chave para poder seguir coa loita.

En xeral, non valoramos a grande cantidade de información que ofrecemos cada día sobre as nosas vidas, como “que nos gusta”, “con quen estamos”, “donde estamos” etc…Poñámonos en situación, praza da Princesa 1 de Maio de 2017. A praza está ateigada de teléfonos móviles que envían información automática, se acotamos a zona de análise a esa posición xeográfica podemos saber con nomes e apelidos quenes asistiron, de donde viñan, con quen, que facían, donde irán, se están na praza ou nun piso do arredor, e máis, podemos saber que dispositivos teñen máis conexións, e así podemos saber quenes son as persoas con máis influencia dentro desa manifestación.

Neste taller ensinarémosvos como defendervos destes espías invisibles e como poder crear redes descentralizadas e autoxestionadas para protexer a privacidade da vosa información.

O taller comporase de:
• Recoñocer e analizar os riscos que existen no colectivo.
• ¿Qué son os meus datos?: Almacenados e en tránsito.
• Estratexias de resistencia.
• Ferramientas.
Para poder desenrrolar o taller debedes traer móvil ou portátil con conexión a Internet.