CONCENTRACIÓN POLO ASASINTO DE RAFAEL NAHUEL POLO ESTADO ARXENTINO
Convidamos a toda a xente e colectivos sociais e sindicais a participar este vindeiro sábado día 23 de decembro ás 12:00h., diante do Consulado Xeral de Arxentina, na rúa López de Neira nº3, esquina coa rúa Principe en Vigo polo acontecido o pasado 25 de novembro no que foi asasinado Nahuel, de 21 anos de idade, durante o transcurso do desaloxo dun asentamento do pobo mapuche. As testemuñas do cobarde asasinato permanecen detidas na policía aeroportuaria (PSA), entre elas destacan Lautaro Alejandro Gonzales e Fausto Horacio Jones, ambolos dous torturados.
Esta morte súmase á do activista Santiago Maldonado o pasado 1º de agosto.
Estas persoas son víctimas da represión que o estado argentino exerce contra os indíxenas que defenden as súas terras fronte aos intereses económicos de multinacionáis como Benetton.
O estado argentino en sintonía con corporacións empresariais leva roubando millóns de hectáreas aos pobos indíxenas, que so no caso da provincia de Chubut chegou a 2.300.000 de hectáreas, este espolio leva facéndose durante décadas en distintas etapas con conglomerados de empresas, a meirande parte delas británicas, con fins de explotación gandeira, mineira, ferroviaria…
Todo isto fíxose incluso co incumplindo da propia lei arxentina, e co pretexto outras veces de colonizar os territorios da Patagonia repartindo as terras a colonos, algo que nunca se levou a cabo e do que se beneficou as grandes corporacións con compra de grandes extensións de terra, en moitos casos de titularidade estatal.
Contra o exterminio do pobo Mapuche, esiximos:
A liberación de todalas persoas presas por mor da súa loita solidaria e relacionada coas loitas do pobo mapuche
O recoñecemento e cese inmediato das toruras
A devolución das terras a quenes viven e traballan nelas.