CNT-VIGO INICIA CONFLICTO CONTRA “PORTO PANADEROS”
PORTO PANADEROS EXPLOTA E NON PAGA
CNT-VIGO CONTRA Porto Panaderos
Porto Panaderos adebédalle máis de 5.000€ ao noso compañeiro Jonathan
Máis de 5000€ en concepto de tropecentas horas extras realizadas, pois o noso compañeiro tan só librou 3 días en 4 meses, e claro, iso dispara a cantidade da débeda desta empresa de sinvergonzas, que ademáis de facer pan e boliños varios, tamén se adican a queimar a traballadores/as.
Menudo negocio!. Queimante traballando, marchas voluntariamente e aínda por riba nin te pagan o finiquito (nin parte da nómina de xullo, por certo). Iso si, coma recoñocen que non libraches pois pretenden compensar a cantidade que te adebedan cotizándote na seguridade social días de vacacións que non xeneraches. O trapicheo é maiusculo!. Estes datos non se cruzan, así que non pasa nada!.
Non, non podemos confiar nas institucións burguesas para exixir o cumprimento dos dereitos laborais máis básicos, coma pagar a integridade da nómina a primeiros de mes e non tarde e a rastras, pagar e cotizar as horas extras e non exceder ao séu tope anual en 4 meses, ter un calendario laboral e un rexistro horario en condicións respetando o obrigado cumprimento dos días de descanso semanal ininterrumpido como fixa a lexislación laboral. Dereitos laborais básicos que Porto Panaderos incumpre de maneira sistemática.
Chamamos ao boicot contra Porto Panaderos. Porque esta é unha cidade obreira e reivindicativa, practiquemos a solidaridade unha vez máis non mercando nesta empresa ata que recoñezan e paguen o que lle adebedan ao noso compañeiro Jonathan.
PORTO PANADEROS, PAGA O QUE DEBES!!!
SE ISTO NON SE APAÑA, CAÑA, CAÑA, CAÑA (e non recheas de crema pasteleira)
UNION, ACCIÓN, AUTOXESTIÓN!!!