CNT-VIGO INICIA CONFLICTO CONTRA “LA MARUJITA”

“LA MARUJITA” DESPIDE E NON PAGA

É ben sabido que na hostalería normalmente non se respectan os dereitos d@s traballador@s, é que ademais a meirande parte dos despidos que se producen no sector son improcedentes e facilmente recurribles, á marxe do tipo de despido que motive a empresa. Un destes centros de explotación laboral é LA MARUJITA, na que ao parecer tentan vivir chuchando o sangue aos traballadores despedidos en base a supostas causas obxectivas por perdas económicas, o pasado 31 de xullo de 2023.

Esta empresa adebédalle ao total da súa plantilla a última nómina e indemnización polo despido, que foi improcedente, xa que non se lles avisou co preaviso obligatorio de 15 dias que se contempla no estatuto dos traballadores coma necesario para causalizar un despido obxectivo por causas económicas, toda vez que o motivo do despido foi o traspaso, fallido, do negocio. Moitas empresas utilizan o despido obxetivo de maneira aleatoria e abusiva para evitar o pagamento das indemnizacións e finiquitos correspondentes., e pensan que poden despedir alegremente aducindo supostas perdas económicas.

Estas supostas perdas hai que demostralas durante tres trimestres consecutivos e en comparación cos mesmos trimestres do ano anterior, ademáis non ha xustificación alguna para non abonar as nóminas pendentes.

CNT-VIGO tentou chegar a un acordo amistoso coa empresa en innumerables ocasións, ofrecéndolle incluso á empresa o pago fraccionado das cantidades que se lles adebeda aos 4 traballadores/as que representamos. Lonxe de avirse a negociar, a empresa ven a dicir, por orgullo, que diñeiro non falta e que xa pagaran, mañan, pasado, ou a saber cando, e non lles chista que os traballadores se sindiquen nin anden a denunciar o que estimen oportuno.

Se tivesémos que agardar a que os empresarios cumprisen o que prometen, morreríamos de fame, vencerían os prazos de denuncia e ao fin andaríamos cunha man diante e outra detrás.

CNT-VIGO anuncia mediante este folleto o comezo do conflicto contra LA MARUJITA, pois os dias pasan, a xente que comer e afrontar os séus gastos, e non é de recibo estar pendente das promesas de pago de persoas que non teñen palabra.

UNIÓN, ACCIÓN, AUTOXESTIÓN!!!