¿QUERES UN CAMBIO? NON OS VOTES, BOTAOS!

¿QUERES UN CAMBIO?. NON OS VOTES, BOTAOS!

Goberne quen goberne a clase obreira sempre perde, ese é único resultado real
das eleccións do próximo 28 de maio.
O desemprego, a inflacción a temporalidade laboral, a precariedade, a exclusión e
a pobreza social seguen a medrar. Ante estas problemáticas sociais o goberno da
esquerda progresista ven de aprobar unha suba salarial por baixo do ipc xunto
coas patronais e os sindicatos maioritarios da súa corda, e unha reforma laboral
que tan só serviu para que medrasen as rescisións dos contratos indefinidos
durante o periodo de proba, a instancias da empresa.
A folla de ruta da esquerda e a dereita segue a ser a mesma, adormecer e
aniquilar a resposta e a organización social de base e aniquilar a conciencia de
clase.
O actual elenco electoral non pasa de ser unha torpe hibridación de proclamas
reivindicativas carentes de contido algún, pois xa a estas alturas quen mais e que
menos xa sabe que a reforma do capital é a única alternativa e opción coa que o
parlamentarismo tenta gañar os ouvidos da clase traballadora.
As supostas sensibilidades sociais, ética de goberno, liberdades e dereitos
universais que toda a récua de políticos di defender, non son máis que slogans e
ilusións posibilistas e tan só serven para apuntalar ainda mais os pilares do
estado e do capitalismo.
Basta de utopias politicamente correctas, as ferramentas da burguesía non serven
para afrontar a guerra social na que vivimos, as leis e as regulacións formais da
capacidade que ten a clase traballadora para afrontar os séus males, nunca serán
efectivas, pois foron artelladas polos mesmos actores que agora volven a dicir que
confies unha vez máis na política da clase dominante.
O anarcosindicato CNT-Vigo segue a defender o xérmolo da revolución social
inevitable, e como non pode ser doutra maneira, segue a funcionar mediante a
práctica exemplar dos principios, tácticas e finalidades que fan que a idea da
emancipación integral da clase traballadora sega a ser o motor da nosa práctica
sindical.
O anarcosindicalismo é a ferramenta da loita económica coa que conta a clase
traballadora, sen xerarquias nin parásitos que viven da delegación decisoria, e sen
entrar no xogo do sindicalismo traidor que pacta coa patronal ás espaldas da súa
afiliación.
Se queres saber cal é o programa da nosa militancia incorruptible, afiliate e loita
cos teus iguais, para iso non fai falla que acodas ao circo electoral.

Unión, acción, autoxestión!
Ate o triunfo total da clase traballadora!
Viva a revolución social!