FOLGA 8 MARZO – PORQUE A ESCRAVITUDE NON SE REFORMA, SE DESTRUE

8 DE MARZO ¡Á FOLGA!
CNT-VIGO CONVOCA FOLGA
PORQUE A ESCRAVITUDE NON SE REFORMA, SE DESTRUE

Sobran razóns para saír a rúa e loitar polos nosos dereitos, os das mulleres  traballadoras, as de aquí e as do resto do mundo, como mulleres dunha organización internacionalista que somos.

A explotación da muller é unha das demostracións máis obvias da dominación do ser humano polo estado e o capitalismo, desde o comenzo do percorrido histórico.

É unha verdade irrefutable que a configuración do estado e os distintos sistemas económicos desde a antigüidade ata hoxe en día creou unha realidade de dominación social, cultural e económica da metade do xénero humano e tamén das clases traballadoras, as mulleres na súa dobre condición, que nos segue a oprimir.

Nos temos claro, como anarcosindicalistas, que mentres siga existindo estado e explotación económica do ser humano a dominación da muller continuará, porque as relacións culturais creadas para someternos ás mulleres, son produto da realidade política e económica, por iso, loitamos contra o feminismo burgués, pagado polas multinacionais e o estado.

Loitamos contra a dicotomía da liberación da muller no eido persoal e social sen abordar a eliminación do modelo económico e político, porque aínda que a nosa explotación e multifacética non se pode abordar seriamente fora da loita integral contra o sistema que nos oprime e que leva séculos dominándonos a todas e tamén ao resto da humanidade oprimida, porque como dixo Emma Goldman “A miña diverxencia coas feministas [burguesas] está no feito de que a maior parte delas ve a propia escravitude como algo distinto do resto do xénero humano”, e nos remarcamos que a escravitude e a explotación das mulleres é a consecuencia máis obvia e primordial da explotación e dominación de toda a humanidade.

Porque a dignidade e os dereitos das mulleres non se negocian. Facemos un chamamento a todas e todos a secundar a FOLGA XERAL ESTE 8-M

PORQUE A ESCRAVITUDE NON SE REFORMA, SE DESTRUE