[26/01+05/02] CURSO INICIACIÓN Á AUTODEFENSA LABORAL

O vindeiro sábado [26/01/2022] no local dos compañeiros/as do Sindicato Pontevedra Libertaria (SPL) e os membros da nosa Secretaría de Acción Sindical daremos un curso básico de dereito laboral e de autodefensa laboral se queredes asistir aínda quedan prazas.

No SPL comezamos este 2022, xunto a compañeiros do SOV CNT-Vigo, cun breve obradoiro de formación sindical. Aprenderemos os básicos da autodefensa máis urxentes (interpretar nóminas, contratos, convenios, etc..) para comezar a defendernos dos abusos e trampas dos buitres empresariais.
-O cursiño ten prazas limitadas, e será preciso anotarse o antes posible nesta dirección de mail ( sindicatopontevedralibertaria@gmail.com )
– É totalmente de balde para as afiliadas a ambos sindicatos, e cun custe de 2€ (custo aproximado das fotocopias que levarás para casa) para as non afiliadas.
-Terá unha duración aproximada de 6 horas divididas en 2 mañás de sábado [29/01/22 e 05/02/22)
Saúde e Apoio Mutuo!!