[8M-2021] FOLGA XERAL FEMINISTA!!

Compañeiras, a pandemia cebouse con nosoutras dunha maneira brutal: non só tivemos ao bicho na contra senón tamén ao inimigo na casa, a precariedade laboral cruenta, a pobreza máis desgarradora… Por isto este 2021 temos que saír conquistar as rúas coa nosa raiba e o noso agarimo, como ben sabemos facer, e berrar máis forte ca nunca que: SE NOSOUTRAS PARAMOS, O MUNDO PARA!!

FOLGA XERAL FEMINISTA!!

– DE COIDADOS: demostrar que sen coidados non hai vida
DE CONSUMO: rachar co capitalismo salvaxe que reduce a nosa felicidade a mercar e mercar
– ESTUDANTIL: por unha educación pública, laica e, por suposto, feminista
– LABORAL: basta de traballos feminizados, Basta de precariedade laboral feminina, non máis acoso no traballo, igualdade salarial e un longo etcétera de abusos e humillacións.

Compañeira, infórmate e únete, non estás soa!!:

http://galegas8m.gal/