[24/01] MULLER E PRECARIEDADE LABORAL – MESA REDONDA VIRTUAL [ABRIR FENDA]

PRECARIEDADE LABORAL, ACTIVISMO E ORGANIZACIÓN.
O 24 de Xaneiro ás 19:00h participamos na 2ª Mesa organizada polo colectivo ABRIR FENDA sobre disidencia e rebeldía, toda a información:
Luzía Domínguez é empregada dunha tenda de Inditex e sindicalista máis membro da CIG dende que comezou a traballar hai 15 anos. É Presidenta do Comité de Empresa de Stradivarius na provincia da Coruña. Ao longo destes anos o seu traballo sindical centrouse fundamentalmente en Inditex.
Uxía Veira é sindicalista feminista da CNT-Vigo. Exporá a sindicación feminina e a necesidade de que as mulleres se sindiquen, non só como unha forma de empoderamento, senón como unha necesidade de dar un xiro ao sindicalismo, aínda tremendamente masculinizado.
Blanca Marigomez e Natalia Moure son activistas en Ameixas da Ría un colectivo feminista de Vigo de acción directa. Falaránnos do activismo dende o punto de vista feminista e a organización cara a mocidade.
O 24 de xaneiro na canle de YouTube de Abrir Fenda