O 8 DE MARZO IMOS A FOLGA

Este 8 de marzo a CNT-Vigo secunda a folga xeral no traballo, nas escolas e universidades, folga de consumo e coidados. Convidamos a todas a participar na folga para conseguir un paro total de todas as actividades no ámbito social e laboral, porque xa estamos fartas da explotación laboral, dos salarios e convenios que teñen unha presenza maior de mullleres, máis baixos cás dos homes, dos malos tratos no traballo e na rúa, a cosificación sexual das mullleres, de levar todo o peso do traballo na casa e coidado familiar, e un longuisimo etcétera, por isto e por moito máis na CNT-Vigo imos a folga.

Porque 8 de marzo e o dia da muller traballdora consciente das múltiples desigualdades cotiás que padece nos diferentes eidos vitais, e segue a ser un exemplo de loita horizontal, directa e independente, que merece ser recordada e non usada de forma partidista por quenes só tentan de dirixir a loita emancipatoria dende a parcialidade dos seu iderario e estratexias reformistas, burguesasn e polo tanto enimigas da toma de conciencia real sobre as problemáticas concretas que padecemos as mulleres.

O 25 de marzo de 1911 a fábrica de blusas Triangle Shirtwaist ardía con 150 traballadores no seu interior. Foi o tráxico final á Sublevación das 20.000, 20.000 obreiras que se levantaran uns anos atrás en folga en reclamo por unhas condicións laborais moito máis dignas. “Pan e rosas!”, berraban polas rúas. Pechadas a cal e canto como solía ser costume na fábrica, o suave algodón que as escravizaba ata 15 horas ao día sen parar a cambio de salarios máis que míseros poría fin a un conflito perturbador para a patronal. Unha cabicha acendida e a cor das aínda non blusas tinguiría o ceo de Nova Iorque dun denso fume morado. A maioría das calcinadas eran sindicalistas, “mulleres estranxeiras e sindicalistas”. Este feito será o paradigma da loita obreira feminista.

Antano, en tempos remotos, xa o patriarcado asentara no imaxinario colectivo un sistema de supremacía masculina, no que os atributos pretendidamente masculinos, virilidade, agresividade, guerra, sangue, morte, eran venerados en perxuízo dunha feminidade que só valía para o que valía: procrear e tarefas que os homes desprezaban. Hoxe en día, lonxe de ser o panorama máis acolledor, o capitalismo, conxugado coa mentalidade retrógrada patriarcal, outorga á muller un papel totalmente utilitarista: un corpo a empregar coma utensílio de traballo e mercadoría barata que intercambiar.

O resultado non pode ser máis atroz: mulleres que destrozan os seus corpos en traballos precarios e que regresan a casa para seguir destrozando autoestima na adicación familiar; prostitución barata e cara, beleza real ou moldeada, corpos fortes pero maleables; útiles, valentes, dispoñibles, corpos perfectos que deben albergar mentes brillantes. Corpos que soporten golpes, violacións, tocamentos, pílulas, quirófanos, ximnasio, castigos físicos, modas; mentes inquebrantables que traguen torturas psicolóxicas, insultos, menosprezos, desprezo, lascivias non compartidas, teorías do comportamento, prexuízos, cadeas físicas e mentais, maternidades minusvaloradas, subrogadas, taxadas; e, despois de todo, a total indiferencia. Non hai cubos de lixo tan dignos para elas.

Por se fose pouco, a loita de clases morreu e as pobres debemos soportar o patriarcado capitalista neoliberal das ricas. Esas que nos impoñen un salario indigno, que ignoran a fame dos nosos fillos, que non queren saber dos golpes dos nosos maridos borrachos, que ollan hacia outro lado cando os seus maridos poderosos nos extorsionan con sexo; as nosas mans corroídas polos seus deterxentes, os lombos partidos por anos de pleitesía nos campos, no mar, nas fábricas… as nosas ialmas esgotadas de horas de duros traballos, de insomnio por coidar das nosas nais, pais, avós; por coidar dos seus fillos, pais, avós; por limpar as súas casas, por atender as súas tendas; para logo regresar á nosa propia familia non moito máis agradecida. Asasinadas por mulleres soldado, vendidas por mulleres proxenetas, explotadas por mulleres xefas; utilizadas por mulleres políticas…

Non, non somos iguais!! Aquel tráxico sábado de 1911 foron mulleres pobres, mulleres traballadoras as que perdían a vida: non chegaba con ser muller que tiveron que defender a súa dignidade de clase. Pero nosoutras as obreiras non esquecemos: este 8 de marzo de 2018 será un exemplo de loita de clases, folga feminista e combativa, reivindicativa, de traballadoras; un berro de fóra @s capitalistas, fóra @s machistas, fóra @s explotador@s. A dignidade é obreira!!

Mulleres e homes habemos de construír un mundo novo no que non existan os homes nin as mulleres; habemos de crear persoas en igualdade que traballen segundo as súas posibilidades e obteñan segundo as súas necesidades. Un mundo novo no que a propiedade privada non exista, nin @s xef@s; onde non sexamos obxectos de explotación, escravitude, uso a capricho, bonecas. Un novo mundo no que as nosas parellas sexan compañeiros e compañeiras, sen ciumes nin envexas vexatorios; que nos escoiten, nos apoien e nos amen de verdade. Un mundo novo onde decidamos en asembleas en pé de igualdade, onde opinar non requira permiso; onde dubidar e preguntar non signifiquen humillación. Un novo mundo no que os sentimentos non sexan castigados nin obxecto de burla; a nosa sexualidade respetada e compartida; a nosa maternidade voluntaria, libre, admirada. Mulleres e homes habemos de construír un mundo novo de persoas libres.

Por iso este 8 de marzo,
AS OBREIRAS PARAMOS!! QUE PARE O MUNDO!

Pola loita da clase traballadora!!
Polo apoio mutuo e a solidariedade!!
Viva a anarquía!!