[Mulleres e Obreiras] Contra a precariedade en Hosteleria
QUEN SOMOS?
Somos un grupo de traballo mixto nacido no 2018 no seo da CNT-Vigo. As mulleres e homes que participamos en Mulleres e Obreiras pretendemos darlle un enfoque de xénero ao labor sindical e poñer no punto de mira as dobres e triples explotacións que sufrimos as mulleres traballadoras.
AS CAMAREIRAS DE PISO “KELLYS” EN LOITA
As kellys é un colectivo que loita contra a precariedade e se rebéla contra as empresas multiservizos que as contratan e que, amparadas en convenios máis precarios, externalizan os servizos dos hoteis para despoxar ás traballadoras de todo dereito laboral. Salarios de miseria que poucas veces superan o mínimo interprofesional, xornadas maratonianas e os convenios ilegais están á orde
do día.
PRECARIEDADE NA HOSTELERIA
ALGÚNS DATOS: O 52% dos traballadores na hostalería son mulleres.
Neste sector as mulleres ocupan unha maior procentaxe de contratos temporais, un 57,8%, fronte ao 42,2% dos homes. No 2017 o emprego temporal femenino aumentou un 4,4%, mentres que o masculino se reduciu un 11,8%.
No 2017 no Estado Español os contratos a tempo parcial recaeron maioritariamente nas mulleres: 280.250 fronte ao 143.350 dos homes.
Un espazo para loitar xuntas contra o machismo e a explotación laboral.
Construiremos a ofensiva contra a precariedade, Participa!