[24/05/2025 – 07/06/2025] I XORNADAS MULLERES LIBRES VIGO
I XORNADAS MULLERES LIBRES (VIGO)
Dende CNT-VIGO presentamos a primeira edición das xornadas “Mulleres Libres” coa finalidade de dar visibilidade ás diversas loitas e problemáticas específicas protagonizadas por compañeiras.
Xa que un dos obxectivos destas xornadas é tamén facer unha labor de difusión histórica da práctica organizativa que por diversos motivos consideramos afín, procuramos programar dentro das nosas posibilidades unha escolma daquelas loitas e fitos organizativos pasados e presentes á marxe da súa trascendencia e actualidade.
Deste xeito queremos tratar de facer unha labor de difusión das luitas e materiais divulgativos de diversa índole que poidan servir para xerar cultura militante e a sensibilidade social necesaria para favorecer o apoio e xérmolo destas e outras loitas que esperamos que saian á luz e sexan protagonizadas e organizadas polas nosas compañeiras.
Nesta primeira edición das Xornadas Mulleres Libres tocaremos diversas temáticas pasando pola organización obreira, o antifranquismo, as problemáticas especificas do carcerario que afectan á poboación feminina, a actualidade do xenocidio e as problemáticas das mulleres en palestina e a organización revolucionaria protagonizada e organizada por mulleres en Rojava.
Dende CNT-VIGO convidámosvos pois a difundir e asistir a estas e futuras Xornadas de Mulleres Libres
- SÁBADO 24 MAIO
- ROJAVA: A REVOLUCIÓN DAS MULLERES
- – Naomi (BARAN GALIZA)
- – 18:30 en LA CONTENEDORA (Rúa Eduardo Iglesias, 11)
- DOMINGO 25 MAIO
- PECADORAS: Xenealoxía da cultura do castigo e prisións de mulleres
- – Sol Abejón
- – 20:00 en el CAFÉ UF (Rúa do Pracer, 19)
- MÉRCORES 28 MAIO
- A MULLER EN PALESTINA
- – Suha najjar
- – 18:30 en LA CONTENEDORA (Rúa Eduardo Iglesias 11)
- VENRES 06 XUÑO
- A MULLER NA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA GALEGA
- – Aurora Marco
- – 19:00 en LA CONTENEDORA (Rúa Eduardo Iglesias 11)
- SABADO 07 XUÑO
- FOLGA LE MONDINE 1906: DO CANTO DO TRABALLO AO CANTO DE LOITA DAS ARROCERAS
- – Sylvia Grossi
- – 18:30 en LA CONTENEDORA (Rúa Eduardo Iglesias 11)