[05/06/2025 – 20:00] CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIDADE COAS 6 DA SUIZA – NO MARCO, VIGO
CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIDADE COAS 6 DA SUIZA
As coñecidas como “As 6 da Suiza” son 6 sindicalistas de Xixón que entrarán na prisión nos vindeiros días por facer uso da lei sindical. Todas as compañeiras están condenadas a 3 anos e medio por estar presentes en concentracións realizadas cumprindo todos os cauces legais. Un ataque contra 6 sindicalistas pero que utilízase como ameaza para toda a clase traballadora. Esta condena crea un precedente que afecta a todas as persoas e movementos socias. A mensaxe está clara.
Todo o conseguido foi loitando na rúa, e o sistema e os poderosos sábeno ben, por iso é o noso deber de clase saír a berrar contra esta atrocidade e solidarizarnos con aquelas que queren apresar.
Ven a concentración que terá lugar o xoves 5 de xuño en Vigo. Diante do museo Marco, ás 20.00 horas.
Solidariedade coas 6 da Suiza!