[21/11/2025 – 20:00] CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE COS ACTOS ACONTECIDOS NO PORTO DE VIGO – ROTONDA DO BERBÉS, VIGO

Dende CNT-VIGO difundimos a convocatoria conxunta do acto que tera lugar este Venres 21 de novembro, ás 20h na rotonda do Berbés, en repulsa do abuso cometido pola policía portuaria contra varios traballadores do sindicato CGT-VIGO o pasado 16 de novembro

Dende CNT-VIGO denunciamos públicamente a actuación dos axentes da policía portuaria involucrados nestes feitos, entendendo que a práctica da acción sindical lexitima fronte aos abusos laborais non pode ser oprimida.

Denunciamos asimesmo a extralimitación das funcións de colaboración que ten encomendada dita policía portuaria, entendendo que poñer unhas pancartas non implica ningún perigo para ninguén e non xustifica a detección de facto de ninguna persoa traballadora baixo o pretendido amparo da negativa a identificarse e do cumprimento da lei mordaza

Non podemos asumir que este tipo de actuacións senten un precedente no tocante ao libre exercicio da denuncia pública dos abusos laborais que, neste caso afectan á empresa Tecnocontrol

SOLIDARIEDADE E APOIO MÚTUO