COMUNICADO DA CNT-VIGO ANTE O BOICOT Á PROPAGANDA DA CUT NO CONFLITO QUE MANTÉN COA CITRÖEN EMPREGANDO AS SIGLAS DE CNT-VIGO

COMUNICADO DA CNT-VIGO


ANTE O BOICOT Á PROPAGANDA DA CUT NO CONFLITO QUE MANTÉN COA CITRÖEN EMPREGANDO AS SIGLAS DE CNT-VIGO

Recentemente, apareceu nas pancartas que ten a CUT polo conflito coa PSA Peugeot Citröen en Vigo, por mor das cargas de traballo, unhas pintadas difamando a Central Unitaria de Traballadores pola CNT-Vigo, sendo isto dobre difamación porque nin o noso sindicato se adica a boicotear os conflitos e organizacións da clase traballadora, neste caso da CUT, nin consentimos que ninguén empregue o noso nome para opinións infames, supoñemos coa intención de provocar un enfrontamento entre os dous sindicatos e a loita obreira, ou outros fins aínda máis perversos.

CNT-Vigo sempre coa loita da clase traballadora!!!