CNT-VIGO FINALIZA CONFLICTO CONTRA “LA MARUJITA”

Finalización conflicto “La Marujita”

Unha vez máis, CNT-Vigo da por finalizado o conflicto con “La Marujita”, un intento de negocio, xa na ruina e pechado, onde o cumplimento do Estatuto das Traballadoras non é libro de cabeceira. Ter uns cartiños para reformar un local e ínfulas de grandeza non é dabondo para vivir do conto e do suor das traballadoras.

Despois de facer saber ó empresario as accións sindicais que este anarcosindicato levaría a cabo de non recoñecer a improcedencia dos despidos de catro das nosas compañeiras, bastou unha pegada de carteis na zona de influencia deste individuo para rebaixar o ton e aboar as nóminas previamente ao acto de conciliación onde, máis tarde, aboáronse as cantidades adebedadas pola improcedencia dos despidos.

Isto demostra, unha vez máis, que cá CNT-Vigo non se xoga, que cós nosos dereitos non se xoga, que con nós non funcionan as ameazas e que as traballadoras son quen de loitar polos seus dereitos mediante a acción directa, a solidariedade e o apoio mutuo, ate o triunfo total da clase traballadora.
Lembra: sen loita non hai dereitos!!

Contra a explotación:
UNIÓN! ACCIÓN! AUTOXESTIÓN!