[05/05/2025 – 19:00] PALESTRA INFORMATIVA: REPRESIÓN SINDICAL ACERINOX E AS 6 DA SUIZA – NO AUDITORIO DO CRISTO DA VICTORIA

PALESTRA INFORMATIVA

Dende CNT-VIGO parécenos importante visibilizar este tipo de sucesos por riba da maior ou menor afinidade ideolóxica e as diferencias existentes entre os modelos sindicais de cada organización

Coma no caso das 6 da Suiza, e salientable o enorme esforzo e organización colectiva e solidaria dos traballadores de ACERINOX, que practicaron o seu dereito a FOLGA durante 3 meses, sen claudicar ante os pactos doutros sindicatos e manténdose firmes perante a patronal que segue sen atender ás suas lexítimas reclamacións, motivo polo cal afrontan actualmente denuncias asociadas ás perdas económicas da empresa durante o exercicio dos séus dereitos sindicais