[S.S. CNT-Alliance] O HOTEL BAHÍA DE VIGO DESPIDE A TODAS AS CAMAREIRAS DE PISOS


Isto ocorreu o pasado luns 7 de maio, inminentemente, sen previo aviso e sen vontade de subrogación.

O Hotel Bahía de Vigo dende hai anos ten externalizado o servizo de limpeza na empresa Alliance Outsourcing. En verán de 2017, esta empresa recibe varias denuncias de parte das traballadoras por estar aplicando un convenio de empresa que, ademais de impoñer precariedade laboral, era ilegal; tras certa presión sindical, comeza a aplicar o convenio de hostaleria, que é o que corresponde ao sector e que ten salarios máis altos.

Esta suba de salarios, supomos, redundou nu incremento das taxas dos servizos de limpeza por parte de Alliance hacia o hotel, feito que fixo que o hotel buscase outra concesionaria e que no mesmo día seguinte, martes 08 de maio, entrase Mantelnor, filial de Nortempo, coa súa propia plantilla e condicións laborais máis precarias.

A subrogación da plantilla antiga na empresa entrante implicaría o mantemento das mesmas condicións laborais e salariais que viñamos “disfrutando”, feito que César Sánchez-Ballesteros, dono do hotel, presidente de Feprohos, presidente de Asehospo (patronal de hostalería da provincia de Pontevedra), non se pode permitir e por iso tivo que despedir ás nada máis e nada menos que 20 camareiras de pisos.

Pero este despedimento masivo, lonxe de arredarnos, deunos carraxe para unirnos máis como compañeiras e loitar con máis forza polos nosos dereitos e os nosos posos de traballo que levamos anos soportando. Non pararemos ata a readmisisón!! Hotel Bahía, ídesvos enterar!!

NEN UN PASO ATRÁS!! 
SE NOS TOCAN A UNHA, TÓCANNOS A TODAS!!