O RESTAURANTE DALHAISAL EXPLOTA, DESPIDE E NON PAGA AOS TRABALLADORES


No restaurante Dalhaisal rexido por María Isabel Martínez Río, en Vigo na rúa Manuel de Castro nº 9, oferta traballo precario na cociña. A empresa deu de alta a un compañeiro baixo a promesa verbal de cumprir o convenio de hostalería pertinente, com non, o que e de lei.
Agora ben, se nun primeiro momento se lle ofrece ao noso compañeiro un posto irregular cóma axudante de cociña cun contrato de 36 horas, pero facendo en principio un mínimo de 40 horas, no segundo dia de traballo comezan a esixirlle ao traballador que faga horas extras, incumprindo así o pactado, baixo o argumento de “xa iremos amañando o salario” en B, por suposto, cóma é habitual na hostalería.
A empresa promete falsamente, no terceiro día de traballo, o troco das condicións de traballo se no transcurso do contrato ía asumindo máis funcións, o que conleva máis responsabilidade, traballar máis horas, aumento de categoría e salario, ovbiamente en negro. Esta é a típica estrategia empresarial abusiva e que consiste en traballar baixo unhas condicións que non están reguladas, coa hipotética promesa dunhas melloras laboráis, que non son tal.
Ante as modificacións unilateráis das condicións do traballo, o noso compañeiro manifestou o seu desacordo ante tales abusos, motivo polo cal foi despedido verbalmente. Non contenta a empresa co despido, formaliza unha falsa baixa voluntaria do traballador, cóma represalia por cuestionar as condicións de traballo que esta empresa ven ofrecendo a cociñeiros/as profesionáis, aos que contrata cóma axudantes para pedirlles logo o desempeño de funcións máis específicas e de maneira irregular.
No día pactado para cobrar, a empresa non tiña ningunha proposta de finiquito, nin o contrato de traballo que está aínda por asinar.
Este sindicato defende a postura do traballador, que opta por facer valer os séus dereitos e non se rebaixará a negociar un só céntimo sobre o total que se lle adebeda, sabedor cóma é da solvencia económica deste restaurante e de que esta situación ven sendo habitual na empresa, que deste xeito abusa reiteradamente da clase traballadora. Polo que a CNT-Vigo abre conflicto contra o restaurtante Dalhaisal.
Dende CNT-VIGO esiximos que se pague integramente o que se lle adebeda ao traballador, e se rectifique a baixa voluntaria deste, que nin asinou tal baixa nin comunicou que deixaba o traballo por vontade propia. ¡Ata o triunfo total da clase traballadora!

¡FRONTE A EXPLOTACIÓN, UNIÓN, ACCIÓN E AUTOXESTIÓN!