1 DE MAIO 2026. MITIN 11:00 PRZ PRINCESA

O QUE O TRABALLO NON MATA, O CAPITALISMO O REMATA

Un ano mais a CNT-Vigo convoca á clase traballadora da cidade ao acto de conmemoración do 1° de maio. A CNT-Vigo non ven a reclamar migallas. Non vimos pedir “diálogo social” nin parches para un sistema que nos so non funciona, se non que nos mata cada día.

O capitalismo non crea riqueza: rouba a vida dos traballadores. Condénanos a xornadas interminables, salarios de pobreza, alugueres que devoran o soldo e unha precariedade que convirte o “traballo digno” nunha mentira. Se non morremos dun accidente laboral, morremos de ver como a nosa forza se esgota para encher os petos dos Empresaurios, ou morremos de non poder chegar a fin de mes gracias as guerras que os estados imperialistas están a acometer nestes momentos, elevando o custo da vida a topes nunca vistos,

Non pedimos máis produtividade. Pedimos a abolición do réxime asalariado. Pedimos a xestión directa das fábricas e dos campos polos que neles traballan.

Non pedimos conciliación. Pedimos o fin da explotación.

A nosa loita e por traballar para vivir, e non vivir para traballar. Porque mentres exista o beneficio privado, a nosa saúde, o noso tempo e a nosa forza serán mercadoría.

O 1° de maio non é unha festa, é un día de loita para a clase traballadora no que todas as persoas debemos amosar o noso espírito combativo para recuperar os dereitos perdidos e conquistar os novos. Vémonos o vindeiro venres 1 de maio na praza da princesa ás 10:30 para plantarlle cara á reacción!

¡VIVA O 1 DE MAIO!

¡VIVA O ANARCOSINDICALISMO! ¡VIVA A CNT-VIGO!