[10,11,12 – OUTUBRO] PROGRAMA – 1ª FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA E SOCIAL DE VIGO

PROGRAMA I FEIRA DO LIBRO SOCIAL E ANARQUISTA DE VIGO

Este programa inclúe presentacións de libros, debates, talleres e mesas redondas que abranguen desde o pensamento clásico libertario ata as novas redes de activismo internacional, pasando pola memoria histórica, a solidariedade internacional e as alternativas colectivas fronte ao capitalismo.

Máis alá das charlas, a feira quere ser tamén un espazo vivo de convivencia e de aprendizaxe colectiva, onde a palabra e a acción se dean a man.

Convidámosvos a asistir, participar, debater, coñecer novas propostas e, sobre todo, a disfrutar da I Feira do libro anarquista e social de Vigo, da que xa anticipamos, non será a última.

📅 Venres 10 de outubro

📍 Apertura da Feira
🕕 18:30 h — O Ascensor Social Averiado: Alternativas Colectivas
👉 Colectivo Os Ninguéns

🕗 20:30 h — Intervención de Gabriel Pombo e Elisa Di Bernardo

📅 Sábado 11 de outubro

🕛 12:00 h — Mauro
👉 Con Mikel Guerendian
📚 Editorial Los aciertos & pepitas

🕓 16:00 h — Vigo nas Redes Anarquistas Internacionais
👉 Con Eliseo Fernández

🕔 17:00 h — Taller: Pintando un cadáver exquisito (para toda a familia)
🎨 Con Tinta

🕠 17:30 h — Bakunin fronte a Marx
👉 Con Carlos Taibo

🕖 19:00 h — El Apoyo Mutuo de Piotr Kropotkin
👉 Presenta Daniel H. Huerta
📚 Editorial Rosa Negra

📅 Domingo 12 de outubro

🕚 11:00 h — Entre Rejas y otros episodios antiautoritarios
👉 Con Emilio Peroti
📚 Editorial Fantasma

🕐 13:00 h — Memoria Histórica e Veciñal de Coia
👉 Con Ángel Vila

🕓 16:00 h — Palestina
👉 Mesa Redonda por compañeiros palestinos

🕒 Horarios da Feira

Venres: de 17:30 h a 21:30 h

Sábado: de 11:00 h a 21:00 h

Domingo: de 11:00 h a 19:00 h

📍 Lugar: Galerías Príncipe — Rúa Príncipe, 22 (Vigo)
🖤 Organizan: CNT-Vigo e Grupo Acción Directa (FAI)