[24/05/2025 – 07/06/2025] I XORNADAS MULLERES LIBRES VIGO

I XORNADAS MULLERES LIBRES (VIGO)

Dende CNT-VIGO presentamos a primeira edición das xornadas “Mulleres Libres” coa finalidade de dar visibilidade ás diversas loitas e problemáticas específicas protagonizadas por compañeiras.

Xa que un dos obxectivos destas xornadas é tamén facer unha labor de difusión histórica da práctica organizativa que por diversos motivos consideramos afín, procuramos programar dentro das nosas posibilidades unha escolma daquelas loitas e fitos organizativos pasados e presentes á marxe da súa trascendencia e actualidade.

Deste xeito queremos tratar de facer unha labor de difusión das luitas e materiais divulgativos de diversa índole que poidan servir para xerar cultura militante e a sensibilidade social necesaria para favorecer o apoio e xérmolo destas e outras loitas que esperamos que saian á luz e sexan protagonizadas e organizadas polas nosas compañeiras.

Nesta primeira edición das Xornadas Mulleres Libres tocaremos diversas temáticas pasando pola organización obreira, o antifranquismo, as problemáticas especificas do carcerario que afectan á poboación feminina, a actualidade do xenocidio e as problemáticas das mulleres en palestina e a organización revolucionaria protagonizada e organizada por mulleres en Rojava.

Dende CNT-VIGO convidámosvos pois a difundir e asistir a estas e futuras Xornadas de Mulleres Libres

  • SÁBADO 24 MAIO
  • ROJAVA: A REVOLUCIÓN DAS MULLERES
    • – Naomi (BARAN GALIZA)
    • – 18:30 en LA CONTENEDORA (Rúa Eduardo Iglesias, 11)
  • DOMINGO 25 MAIO
  • PECADORAS: Xenealoxía da cultura do castigo e prisións de mulleres
    • – Sol Abejón
    • – 20:00 en el CAFÉ UF (Rúa do Pracer, 19)
  • MÉRCORES 28 MAIO
  • A MULLER EN PALESTINA
    • – Suha najjar
    • – 18:30 en LA CONTENEDORA (Rúa Eduardo Iglesias 11)
  • VENRES 06 XUÑO
  • A MULLER NA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA GALEGA
    • – Aurora Marco
    • – 19:00 en LA CONTENEDORA (Rúa Eduardo Iglesias 11)
  • SABADO 07 XUÑO
  • FOLGA LE MONDINE 1906: DO CANTO DO TRABALLO AO CANTO DE LOITA DAS ARROCERAS
    • – Sylvia Grossi
    • – 18:30 en LA CONTENEDORA (Rúa Eduardo Iglesias 11)