1 DE MAIO 2024. LUTO E LOITA!! MITIN 11:00 PRZ PRINCESA
Hoxe en día pouco queda daquel sindicalismo revolucionario, e son poucas as traballadoras que seguen a concebir aos sindicatos coma ferramentas de loita organizada. Pero CNT-Vigo segue a funcionar en base ao séu modelo sindical, practicando o apoio mútuo e a autoxestión, e renegando das subvencións do estado.
A nosa militancia segue a formarse e a defender os séus dereitos organizándose directamente nos centros de traballo, sen depender de ningún liberado nin delegado sindical, pois a CNT-Vigo funciona de maneira organizada en base aseccións sindicais autónomas e incorruptibles, funcionando de maneira eficaz en calqueira sector productivo.
Ben e sabido que cando a CNT-Vigo comeza un conflicto sindical é para gañalo. Somos o único sindicato que sae a rúa e practica a acción sindical real, pois os nosos conflictos teñen por obxeto denunciar publicamente os abusos laborais e constantes que os nosos compañeiros/as padecen diariamente nos séus traballos, destacándose a hostalería e o sector servicios en xeral, olvidado polos sindicatos maioritarios
A CNT-Vigo destaca polo séu carácter combativo e por ser a voz e a ferramenta de loita dos traballadores e traballadoras conscientes. Os sindicatos maioritarios e subvencionados están vendidos aos intereses do capital asemellándose ás multinacionais que critican. Escoitaredes este día moitos discursos revolucionarios carentes de sentido e base real.
A loita sindical revolucionaria non pode depender das ferramentas da burguesía, o dereito laboral segue a depender e a construirse en base aos intereses da patronal e ao clima de paz social que o goberno de turno quere manter a toda costa. Vivimos na tiranía do politicamente correcto e na ilusión de que firmar un convenio colectivo precario ou algún misero acordo de suba salarial implica que na práctica se respeten eses dereitos.
O negocio do sindicalismo claudicante e dependente do estado, conleva renunciar a movilización social efectiva, e tamén a loitar contra as problemáticas sociais e laborais das nosas sociedades. Nun contexto bélico global rexido por intereses xeopolíticos complexos e diversos, o sindicalismo burgués obvia que son os fillos e fillas da clase traballadora quenes morren nas guerras, convéntindose deste xeito na ferramenta que lexitima os intereses do estado e o goberno de turno, por moi de esquerdas que diga ser.
Este 1º de Maio de 2024 lembramos ás máis de 700 mortes debidas a accidentes laborais no 2023, lembramos que a folga xeral autoxestionaria que deu sentido ao 1o de Maio de 1886 nada ten que ver co sindicalismo traidor dos sindicatos maioritarios.
Este 1º de Maio lembramos que a única revolución social posible e a que se basa na organización obreira independiente e sen inxerencias do estado
¡Sen liberados nin subvencións!
¡Viva o anarcosindicalismo!
¡Viva a CNT-Vigo!