[8M-2021] FOLGA FEMINISTA E DE CLASE
8M 2021: FOLGA FEMINISTA E DE CLASE
Un ano máis CNT-Vigo convoca folga este 8M.
Un ano máis, as obreiras voltamos tomar as rúas: porque a pandemia non pode ser escusa para someter ás mulleres!
Unhas vez máis, as crises sociais e económicas sacan á luz o que está latente no ideario colectivo: que as mulleres seguimos sendo cidadás de segunda categoría e, nalgúns sitios, nin sequera somos cidadás.
Por isto, temos que demostrarlle ao mundo enteiro que, SE NOSUTRAS PARAMOS, O MUNDO PARA.
Convocamos FOLGA XERAL FEMINISTA E DE CLASE:
– DE COIDADOS: sen coidados non hai vida
– DE CONSUMO: o capitalismo salvaxe reduce a nosa felicidade a mercar e mercar
– ESTUDANTIL: por unha educación pública, laica e, por suposto, feminista
– LABORAL: basta de traballos feminizados, basta de precariedade laboral feminina, non máis acoso no traballo, igualdade salarial e un longo etcétera de abusos e humillacións.
COMPAÑEIRA, DEFÉNDETE E LOITA!!
ESTE 8M EU VOU!!!