1 DE MAIO 2023. ROMPE AS CADEAS!! MITIN 11:00 PRZ PRINCESA

1º MAIO ROMPE AS CADEAS

O estado e os axentes sociais festexan este dia coma de unha festa se tratase,
esquencendo o carácter reivindicativo e de clase do 1ª de Maio.

No 2022 aumentaron os accidentes laborais e foron case que novecentas as
mortes en accidentes de traballo; non temos nada que festexar, o primeiro de
Maio non é un dia para lanzar soflamas reivindicativas nen autocomplacentes
acerca das loitas e logros da clase traballadora. A iso se adica a esquerda
reformista e quenes serven de sostén ao parlamentarismo burgués e
desclasado, pero son moitas as persoas que, día a día, abren os ollos ante a
evidencia do fracaso dun sistema que tan só serve aos intereses do capital
mais salvaxe e violento.

A meirande parte da nosa xuventude, mulleres, migrantes, e persoas
empregadas, viven as consecuencias da farsa democrática e dun sistema que
esta deseñado para cosificarnos, clasificarnos e xulgarnos en base a un
código de valores obsoleto, caótico e autodestructivo.

E por iso que seguemos a reivindicar a organización social autoxestionaria e
radicalmente emancipadora, pois sen principios non é posible construir un
futuro liberador e solidario que se faga eco das necesidades das nosas iguais.
A guerra é global e trascende os falsos límites xeográficos das nacións e os
sentimentos identitarios cos que nos manipulan e engaiolan a nosa vontade.
A CNT-Vigo fai da práctica do anarcosindicalismo a súa razón de ser. Cando a
CNT-Vigo entra en conflicto cunha empresa, é para gañar, pois coñecemos
moi ben cales son as problemáticas e abusos que padecen as nosas
compañeiras e compañeiros. Fixemos da rebeldia e da organización social
unha ferramenta de loita incombustible, pois na loita pola xustiza social non ha
lugar para triunfalismos baratos e pasaxeiros.

Fagamos do primeiro de Maio unha data digna de recordar e máis cercana á
súa orixe anarquista e asamblearia. Queren roubarnos a memoria, pero o noso
berro pasará de xeración en xeración, coma o das milleiros de persoas que en
1886 plantaron cara ao capital, á precariedade laboral e ao traballo infantil.

¡Nen un paso atrás. Anarcosindicalismo e revolución social!