1 DE MAIO 2021. MITIN 12:30 PRZ PRINCESA
O 1º de Maio é o día de todos nos, non é un día festivo calquera, e o día da loita obreira no que rememoramos a folga que comezou nun día como hoxe de 1886 en Chicago, na que o sindicalismo máis consciente e combativo, como sempre o de tendencia anarcosindicalista, tentaba conquistar a xornada de 8 horas de traballo, e que remataría coa detención e posterior asasinato por parte do goberno dos EEUU dos 5 compañeiros sindicalistas e anarquistas, sendo desde entón o símbolo da loita da clase traballadora.
Para a CNT-Vigo este 1º de Maio ten se cabe máis importancia, non so pola situación de precariedade, baixos salarios e permanente crise que vive a clase traballadora, que xa é suficiente para saír hoxe e pelexar o 364 días restantes, se non porque este ano a explotación, o paro e a miseria multiplícase pola pandemia, cos de sempre, a clase traballadora, por iso este 1º de maio se cabe e aínda más importante que nunca saíres a berrar que xa estamos fartos e que non pararemos coa nosa teima, que é a das traballadoras e traballadores, para organizarnos e conseguir unha sociedade más xusta.
¡¡¡VIVA O 1º DE MAIO!!!
¡¡¡VIVA A CNT-VIGO!!!